Esta carta non pretende ser un cursiño nin unha escola de pais, nin abarcar toda a complexidade do que nos ocupa e preocupa.
Contentámonos con que sirva de reflexión compartida, de base para conversacións con outras persoas que poidan aportarnos algo desde as mesmas inquietudes e de estímulo para que xuntos poidamos apoiarnos na tan nobre e valiosa misión da educación en valores e vivencias de fe cristiá das novas xeracións.
Cinguíndonos, xa para rematar, á educación relixiosa, quixeramos insistir en:
Algúns Consellos Prácticos
- É fundamental a valoración persoal e o convencemento de que a fe cristiá é un verdadeiro tesouro, pero que o levamos en febles olas de barro.
- O clima axeitado para que xermole a semente da fe nos máis novos é un ambiente de atención, de interese e mesmo de certa expectación, porque o que queremos transmitirlles é importante e transcendental para a súa vida.
- O testemuño persoal, que se manifesta na exemplaridade, na coherencia e no respecto, é o que fai de todo educador un bo sementador.
- Do mesmo xeito que un ambiente en contra pode ser altamente destructivo, unha comunidade cristiá cálida de referencia arroupa e constrúe.
- A oración e a celebración comunitaria da fe son coma a choiva e o sol sen os que ningunha semente pode vir a maduro.
- Sen catastrofismos, pero con realismo, non se debe esquecer que non faltan
inimigos que amparados na noite, sementan xoio (mala herba) por entre o trigo.
- Pero, se somos persoas de fe e confianza en Deus, non perderemos o convencemento de que o Gran Amigo e o seu Santo Espírito velan e coidan noite e día a semente do ben.
- Que eles nos guíen, nos axuden, nos conforten e fagan frutífero o noso traballo educativo.
Con moito agarimo,
Os Secretariados de Catequese de Galicia